II Edición

Trail Costa da Morte
Os Nosos Faros

Sábado 20 de xullo de 2024

Ás 09:30 horas no Faro de Punta Nariga

18,12 KM

Percorrido

O percorrido transcorre case integramente por sendeiro, dende o Faro Punta Nariga ata o Porto de Malpica, pasando polo Porto de Barizo, Praia de Barizo, Praia de Esteiro, Beo, Monte de Beo e Monte de San Adrián, para continuar pola senda ata a vila de Malpica, na que penetrará polo Paseo Marítimo peonil da Praia de Area Maior, subindo pola Rúa Praia para xirar a esquerda pola Rúa Emilio González López, chegando a meta enfronte a praza da casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

Google Earth (3)

Prazo de inscripción

As inscripcións estarán dispoñibles nas páxinas web www.carreirasgalegas.comatletismo.gal dende o luns 6 de xuño ás 14:00 h ata o xoves 18 de xullo ás 23:59 h.

Transporte en autobús ata o punto de saída

Os participantes do TRAIL serán trasladados en autobús desde a casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños ate o punto de saída no Faro Punta Nariga.

Hora de Saída dos Autobuses

A partir das 09:00 horas.

Lugar de Saída

Casa consistorial do Concello de Malpica

A entrega de premios realizarase a partir das 14:00 horas no lugar da meta.

Premios aos 3 primeiros/as clasificados para categoría masculina e o mesmo para a categoría feminina.

AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).

PREMIOS

A II edición do Trail Costa da Morte «Os Nosos Faros» levarase a cabo o sábado 20 de xullo de 2024.

O percorrido do trail ten unha distancia de aproximadamente 18,12 km e un desnivel positivo de 665 m, cun desnivel acumulado de aproximadamente 1365 m.

A saída do trail será ás 9:30 h dende o Faro de Punta Nariga, e a meta estará ubicada na Casa consistorial do Concello de Malpica.

As inscripcións estarán dispoñibles nas páxinas web www.carreirasgalegas.comatletismo.gal dende o luns 6 de xuño ás 14:00 h. ata o xoves 18 de xullo ás 23:59 h.

Non, todas as inscripcións deben realizarse dentro do prazo estabrecido na páxina web www.carreirasgalegas.com ou atletismo.gal

O prezo da inscripción é de 20,00 €.

Os dorsais poderán recollerse o mesmo día do evento, a partir das 08:00 h na Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños.

Sí, haberá 2 puntos de avituallamento no percorrido do trail, ubicados aproximadamente no km. 9 e na meta.

Sí, é obrigatorio levar unha mochila de hidratación e un teléfono móvil durante a carreira.

O evento está aberto a calquer persoa, tanto federada como non federada, que cumpla a idade mínima para participar na categoría absoluta de 18 anos cumplidos antes do día do evento.

Non é obrigatorio ter experiencia previa en trail running, pero se recomenda aos participantes estar físicamente preparados para enfrentar o desafío.

O evento levaráse a cabo independentemente das condicións climáticas, a menos que se considere perigoso para a seguridade dos participantes. En caso de cancelación ou cambio no horario debido a condicións climáticas extremas, notificarase aos participantes a través da páxina web oficial e as redes sociais do evento.

Sí, haberá servizos médicos e de asistencia en caso de emerxencia dispoñibles en varios puntos ao largo do percorrido.

#farosdavida