Os Faros da Vida

II Edición

Trail Costa da Morte
Os Nosos Faros

  • 00Días
  • 00Horas
  • 00Minutos
  • 00Segundos

O prazo de inscripción está aberto ata o mércores 17 de xullo ás 23:59

Sábado
20 de xullo de 2024

Despois do éxito da primeira edición, voltamos cun evento emocionante, cun percorrido que atravesará algúns dos lugares máis fermosos da Costa da Morte.

Este trail-running, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, levará aos corredores a través de sendeiros impresionantes, pasando por faros emblemáticos e paisaxes costeiras únicas.

Percorrido

29 km

O percorrido transcorre case integramente por sendeiro, dende o Faro Punta Nariga ata o Porto de Malpica, pasando polo Porto de Barizo, Praia de Barizo, Praia de Esteiro, Beo, Monte de Beo e Monte de San Adrián, para continuar pola senda ata a vila de Malpica, na que penetrará polo Paseo Marítimo peonil da Praia de Area Maior, subindo pola Rúa Praia para xirar a esquerda pola Rúa Emilio González López, chegando a meta enfronte a praza da casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

Track Definitivo II Trail Costa da Morte
Track Definitivo II Trail Costa da Morte

Transporte en autobús ata o punto de saída

Os participantes do TRAIL serán trasladados en autobús desde a casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños ate o punto de saída no Faro Punta Nariga.

Hora de Saída dos Autobuses

A partir das 08:00 horas.

Lugar de Saída

Casa consistorial do Concello de Malpica

Gran Paella Mariñeira

Incluida coa inscrición

A entrega de premios realizarase a partir das 14:00 horas no lugar da meta.

Premios aos 3 primeiros/as clasificados/as do trail.

Premios aos 3 primeiros/as clasificados/as das categorías Sub20-23, Senior, Master 1 e Master 2.

AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).

O evento realizarase o sábado 20 de xullo de 2024. A saída será ás 9:30 dende o Faro de Punta Nariga e a meta estará na Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños.

O percorrido seguirá a ruta da costa a través da senda tradicional que enlaza os Faros da Costa da Morte. O trazado e o track definitivos serán desvelados 15 días antes da proba.

O Trail ten unha distancia de 29 km cun desnivel positivo de 1100 metros.

Si, podes participar aínda que non esteas federado. Todos os participantes non federados recibirán unha licenza de día que inclúe un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.

As categorías individuais son:

  • Absoluta (masculina e feminina): a partir de 18 anos.
  • Ademais, a proba será puntuable para o ranking galego nas categorías Sub 20, Sub 23, Absoluto e Master.

A lista definitiva de material obrigatorio será publicada
cunha antelación mínima de 5 días antes da realización da proba. Os corredores deberán levañr:

  • Dorsal visible na parte dianteira.
  • Manta térmica.
  • Sistema de hidratación con capacidade mínima de 0,5 litros.

As inscricións realízanse a través de carreirasgalegas.com. As inscricións abren o xoves 13 de xuño ás 14:00 e pechan o mércores 17 de xullo ás 23:59. O prezo da inscrición é de 20,00 €.

Os dorsais poderán recollerse o mesmo día da carreira, dende as 08:00 ata as 08:50, na Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños. É necesario presentar o DNI para recoller o dorsal.

Haberá equipos de asistencia médica dispoñibles durante a proba. En caso de emerxencia, informa a calquera membro do equipo organizador ou utiliza o teu teléfono móbil para solicitar axuda.

Si, para poder participar no Trail haberá autobuses que trasladarán aos participantes dende a Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños ata o Faro de Punta Nariga a partir das 08:00 horas.

A proba contará con seguros de accidentes e responsabilidade civil, control técnico do Comité Galego de Xuíces e puntos de avituallamento no percorrido e na meta.

Os participantes deben asegurarse de estar no punto de encontro (Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños) antes das 08:00 horas para coller o autobús. A organización non se fai responsable dos deportistas que perdan o autobús.

Haberá cuatro puntos de avituallamiento:

  • Avituallamiento liquido: 8 km 
  • Avituallamiento 2 liquido y solido 18 km
  • Avituallamiento 3 liquido km 23
  • Na meta: avituallamento líquido e sólido.

Entregaranse premios aos tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina. Todos os participantes recibirán un agasallo técnico, que poderán recoller xunto co dorsal antes de coller os autobuses cara á saída.

As reclamacións aos resultados oficiais deben ser presentadas ao Xuíz Árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

A organización non se fai responsable dos danos causados por imprudencias ou neglixencias dos participantes. Cada participante declara ter realizado un recoñecemento médico e estar en condicións óptimas para a proba, eximindo á organización de dita responsabilidade.

Ao inscribirse, os corredores aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet oficiais. Os datos básicos serán cedidos á Federación Galega de Atletismo para xestionar os seguros obrigatorios e a licenza de día. Os participantes poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo.

#farosdavida