Sentimos paixón por promover o deporte e o turismo activo pola espectacular Costa da Morte, en Galicia. A nosa misión é ofrecer eventos deportivos de alta calidade que permitan aos participantes desfrutar da natureza, mentres fomentamos un estilo de vida activo e saudable.
Na nosa asociación, cremos na importancia de protexer e preservar o medio ambiente. Comprometémonos a organizar eventos que respecten e coiden os paisaxes naturais da Costa da Morte, garantindo que as nosas actividades teñan un impacto mínimo no entorno.
Cada evento que organizamos está deseñado para ofrecer aos participantes unha experiencia única e inesquecible. Traballamos arduamente para crear roteiros desafiantes e emocionantes que permitan aos corredores explorar algúns dos lugares máis fermosos da Costa da Morte.