Os Faros da Vida

II Trail Costa da Morte "Os Nosos Faros"

II Trail Costa da Morte Os Nosos Faros destacou pola súa dureza e beleza paisaxística, percorrendo 29 quilómetros dende o Faro de Punta Nariga ata o centro de Malpica. Rubén Gómez Lamas, carballés, coroóuse campión absoluto cun tempo de 2 horas, 26 minutos e 5 segundos, seguido de Marcos Antonio Pascual Fidalgo e Amador Peña Torreira. Na categoría feminina, Tamara García Rodríguez, de Dozón, foi a gañadora cun tempo de 3 horas, 7 minutos e 22 segundos, acompañada no podio por Carolina Niño e Carla Trillo.

A proba, organizada pola Asociación Os Faros da Vida, desenvolveuse baixo unha choiva fina orballo que sumou un grao extra de dificultade á xa esixente proba. Con máis de 120 participantes, a carreira presentou un notable incremento da participación feminina e mantivo o seu carácter inclusivo, destacando a presenza do atleta cego Iván Segade Carou. O percorrido, maiormente por sendeiros e praias, ofrecía retos técnicos con subidas e baixadas pronunciadas.

A competición contou coa participación de deportistas de toda Galicia, España e estranxeiros, consolidándose como unha cita imprescindible no calendario do trail running.

Galería