Os Faros da Vida

I Trail Costa da Morte "Os Nosos Faros"

Malpica acolleu o sábado, día 16 de xullo de 2021, o I Trail Costa da Morte ‘Os nosos faros’, unha cita atlética que naceu para poñer en valor a beleza dun percorrido costeiro de 18,2 quilómetros entre o faro de Punta Nariga e a Praza de Anselmo Villar Amigo.

A proba, organizada polo Club de Atletismo Marineda e a Federación Galega de Atletismo, en colaboración con Concello de Malpica, a Deputación da Coruña, Puerto de A Coruña e Gadis, foi presentada na casa consistorial de Malpica nun acto presidido polo alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo. Tamén participaron o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o concelleiro Miguel Fernández, e Juan Carlos Rodríguez, en representación da organización, entre outros.

O trail, que comezou ás 9.30 horas, discorreu por espazos naturais e áreas de grande interese turístico de Malpica, como Punta Nariga, a praia e o porto de Barizo e o cabo de Santo Hadrián, dende onde os participantes puideron desfrutar dunhas impresionantes vistas das illas Sisargas. Un itinerario enmarcado en boa parte no trazado do popular Camiño dos Faros. A entrega de dorsais tivo lugar de 08.00 a 08.50 horas na Praza Anselmo Villar Amigo e, posteriormente, os participantes foron trasladados en autobús ata o faro de Punta Nariga. Ao rematar a proba, todos os participantes foron convidados a degustar unha gran paella mariñeira.

O alcalde, Eduardo Parga, agradeceu aos promotores por elixiren Malpica como escenario desta proba e agarda que axude a dar visibilidade “á beleza de Malpica, e que sexa o inicio de moitas máis”.

Galería

Resumen de privacidad
Os Faros da Vida

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles.

Cookies estrictamente necesarias

As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que podamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.

Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Isto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.